galego
español
english


ESPAZO PARA A CREACIÓN

PORTAL 48 é un proxecto de ANA SEOANE e ROCIO G. JUNCAL, un espazo que permite o desenvolvemento de ideas abertas a todos os apaixonados pola CREACIÓN.

Ana e Rocio, veñen traballando no contexto da creación durante os últimos 10 anos por separado, e agora se unen para propoñer, e axudar a materializar a outros creadores, os seus proxectos creativos en todas as súas formas: as artes visuais, sonoras e escénicas, a arquitectura, a creación literaria, as tecnoloxías aplicadas á creación, a moda… en todos os formatos imaxinables.

PORTAL 48 quere ser un espazo en constante evolución, un xerador de sinerxías, un espazo híbrido, que reúna as características de taller de creación, centro de formación, estudio de traballo, entorno de inspiración… onde as aportacións creadoras se combinen e se experimenten de infinitas maneiras.



¿QUÉ QUERES FACER TI EN PORTAL 48? ¡¡¡CÓNTANOS A TÚA PROPOSTA!!


 


© FOTOGRAFÍAS Chas. Todos los derechos reservados